miércoles, 25 de marzo de 2020

Ánimo...





Énos imposible ser alleos a situación que estamos vivindo no mundo enteiro, en España, en Galicia, nas aldeas, cidades, pobos, nos nosos fogares, familias, con nosos seres queridos, nosa alma...

Esta pandemia ensínanos que todos estamos xuntos nisto, dende o primeiro ata o derradeiro. Somos unha comunidade, unha cadea que comeza en calquera de nós e remata no último rincónciño do máis remoto das antípodas.


Ata o liquen das pedras dibuxan corazóns


Agora, aínda que teñamos paredes separándonos que non desaparecerán nun tempo, é cando nos sentimo máis preto dos amigos, dos familiares, dos veciños, dos compañeiros do traballo, deporte ou aficción, etc. Agora imos da man, xuntos, con un só corazón, latendo pola vida de todos.

Unha aperta moi forte e ánimo,