martes, 23 de junio de 2020

Noitiña de San Xoán!!!




É a noite de San Xoán, 
a noite máis máxica que nos protexerá dos espíritus 
e faranos bailar ó son do lume. 

É a noite de San Xoán, 
a noite que faise día…


A noite de San Xoán é a noite máis curta por ser o solsticio de verán. Esta festividade chega ata nós de xeración en xeración, dos nosos avós, dos nosos tátaravós… chega ata nós gracias á familia que agora corre polas nosas veas, e que celebraba esta data polo cambio de estación e como festividade da natureza.


Chega o verán, 
chega a luz, 
chega a vida… 
chegan as herbas máxicas


Quen non lavou a cara na mañá do 24 de xuño coa poción máxica que nos purificará. É unha parvada, pero habelas hainas…


Fiuncho


Estas plantas que reposarán pola noite ó orballo da noite, dependen da zona na que nos atopemos, pero as máis común son:


  • Fiuncho: Contra o “mal de ollo”.
  • Fento macho: Florece a media noite na noite de San Xoán.
  • Codeso: Espanta da casa ós malos espíritus.
  • Herba de San Xoan: Herba que espanta ó Demo.
  • Malva: Multiples propiedades medicinais reflexados en ditos populares como “cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar”.
  • Romeu: Protexe e purifica os fogares.
  • Herba Luisa: Herba por excelencia para ritos e feitizos amorosos.
  • E moitas outras.


Unha aperta a tod@s!!!