martes, 23 de marzo de 2021

A PROPOSITO DO NACIONALISMO...

 




  ¿Cómo sentirse ao ver que o nacionalismo que se quere impoñer desde a dereita nega a diferencia, quere acabar coa diversidade e con iso expulsa a gran parte de nós?

  Son nacionalismos que falan en nome de todos e expulsan a gran parte, nacionalismos que non defenden, senón atacan… son nacionalismos que se utilizan como arma arreboladiza, e que non hai que profundar moito na súa análise para ver que a súa utilización beneficia ao mesmo poder, ao diñeiro, á explotación, ao capital, e esquécese dos de sempre, dos máis, dos que se atopan aos pés da pirámide social, dos que soportan suando sangue o beneficio dalgúns poucos…

  E é que cada vez que escoito a un político, a un rei, a un empresario ou a un medio de comunicación declarar sobre o nacionalismo… póñome a tremer… ¿Qué quererán agora? ¿Qué nos tocará esta vez?